D
Vehículos que se poden conducir
O permiso de clase D autoriza a circulación pola vía pública de automóbiles destinados ó transporte de persoas cuxo número de prazas, incluída a do condutor, sexa superior a nove (os devanditos automóbiles poderán ir acoplados a un remolque cuxa masa máxima autorizada non supere os 750 kg).
Idade
Para obter este permiso é necesario ter polo menos 24 anos.
A idade mínima será de 21 anos para os titulares do certificado de aptitude profesional (CAP) que o obtiveran mediante a realización da modalidade de cualificación inicial ordinaria.
A idade mínima será de 21 anos se a obtiveron mediante a realización da modalidade de cualificación inicial acelerada e se trate de transporte de viaxeiros en servizos regulares cuxo percorrido non supere os 50 km. A idade mínima será de 23 anos se a obtiveron mediante a realización da modalidade de cualificación inicial acelerada. Dentro do territorio nacional e ata que o titular do permiso cumpra 21 anos, poderase conducir nas seguintes idades:
● 18 anos de idade no caso de que estes vehículos se conduzan sen viaxeiros ou no caso de transporte de viaxeiros en servizos regulares cuxo percorrido non supere os 50 km, para os titulares do certificado de aptitude profesional (CAP) que o obtiveran mediante a realización a modalidade de cualificación inicial ordinaria. ● 20 anos de idade para os posuidores do certificado de aptitude profesional (CAP) que o obtiveran mediante a realización da modalidade de cualificación inicial ordinaria.
Proba teórica
Teórico específico. (Se o solicitante é titular do permiso D1, quedará exento desta proba).
Proba práctica
● Manobras en circuíto pechado, composto por manobras que comezan nunha rampla, marcha atrás en curva e estacionamento en liña.
● Práctico na vía pública.
NOTA
Necesitará o Permiso D+E para conducir conxuntos de vehículos acoplados compostos por un vehículo tractor autorizado para circular polo permiso de clase D e un remolque cuxa masa máxima autorizada supere os 750 kg, sen prexuízo do disposto nas normas de homologación. establecido para estes vehículos.