imagen_000001
imagen_000002

B96

O B96 non é un carné de conducir en si, senón unha autorización que permite ao seu titular conducir un conxunto de vehículos cuxo PTC total non supere os 4.250 kg.


Vehículos que se poden conducir

Grupo de vehículos entre 3.500 e 4.250 kg, de MMA. A partir de aí, a normativa esixe o permiso B+E.


Idade

18 anos. É requisito estar en posesión do permiso de conducir clase B.


Proba teórica

Non ten.


Proba práctica

É necesario superar unha proba de manobras, en circuíto pechado. A proba de manobra para obter a autorización consta de 2 manobras:

● Manobra I. Aparcamento en liña e saída.

● Manobra M. Enganche e desenganche do remolque.


link_00009 link_00010